El Festival Troula na Banda se cierra con un balance muy positivo: 9.000 personas disfrutan de las numerosas "troula actividades".
Desde un punto de vista organizativo, hemos mejorado numerosos aspectos como el recinto del Festival, los servicios a los asistentes al incluir zona de acampada gratuita y barra de comida, hemos habilitado baños en el recinto, mejorado la comunicación… A lo que se le añade el incremento del número de actividades y artistas.
Ainda que o Google Maps, internet e os gps, son boas ferramentas para non perderse e atopar o camiño dende calqueira lugar do mundo ata Bueu, aquí tendes algunhas indicacións que vos poden ser útiles para chegar ó TROULA NA BANDA
Dende as grandes ciudades galegas:
Dende PONTEVEDRA: 20 kilómetros de recorrido, que ben podes facer en coche ou en autobús dende a estación de autobuses (cunha frecuencia dunha hora máis ou menos). O camiño é sinxelo, a través da autovía que conecta Pontevedra con Marín e despois continuando pola PO 551, prácticamente en liña recta pasando por Seixo, ainda que vai amodo, xa que a estrada ten algunha curva.
Dende VIGO: 25 kilómetros de nada. Xa veñas dende o aeroporto ou da propia cidade a tua finalidade debe ser seguir as indicacións cara a AP 9 dirección Pontevedra, nada máis superar a ría e a Ponte de Rande (disfrutando das vistas coas Illas Cíes de fondo), colle a saida cara Moaña, Cangas e Bueu, a onde chegarás a través do Corredor do Morrazo (ainda que non debes correr). A saida de Bueu penso que é a quinta, pero non te preocupes, está moi ben indicado.
Outra posibilidade é coller o barco de pasaxe que comunica Vigo e Cangas, e dende o mesmo embarcadoiro saen os autobuses que comunican con boa frecuencia Cangas e Bueu.
Dende A CORUÑA ou SANTIAGO: 150 Km ou 70 km respectivamente que ven merecen a pena facelos por autopista, xa que compensa pagar o peaxe e viaxar un tanto máis rápido e tranquilo. A autopista é a AP 9, tendo que sair dela en Pontevedra, onde xa vos indicará Marín. Unha vez chegado a Marín, seguide as indicacións que atoparedes en “dende PONTEVEDRA”.
Dende OURENSE: 120 Km, ainda que ben levaderios e sinxelos. A A-52 vos levará cara Vigo, pasando xusto o carón do aeroporto e dirección Pontevedra, dende o cal tan so tendes que seguir as indicacións de “dende VIGO”. Se os de Coruña fan 150 Km ¿porqué nos vas vir dende Ourense?
Chema Rey DJ: Tralo seu significativo paso por El Bulevar de Radio 3, pasou ó outro lado da mesa de mesturas. Presentando o seu bo facer como dj nos máis relevantes festivais de España. Descubridor de grupos como Arizona Baby, abrirá o Festival o xoves 5 nunha sesión que nos fará gozar a todos con xoias auditivas da sua incrible audioteca, ofrecendo unha viaxe sonora dende o rock e o pop, pasando polos Sixties.