Inicio                A Asociación        Festival TNB2010        

 
Menú
 

Novas

 

Colaboran

 
TroulaTV
Loading...
 
Theme creado por dev-postnuke.com
  Noticias Antigas: EmerxeBueu - SanMartiño  
Novas da asociacion Troula na BandaO 6 de outono chega o SAN MARTIÑO – EMERXEBUEU, segundo festival baixo este novo selo de calidade, que aposta por darlle oportunidades e aumentar a experiencia das bandas locais, convidando a formacións máis experimentadas “de fora” para así completar un cartel de calidade.


Despois do TROULA NA BANDA – EMERXEBUEU, cando no mes de agosto mostraron as suas dotes musicais, Defekto Optiko, Skakeo e FainoTi, agora será o turno de PUNKTO DEBIL, Dr ZAIUS e MOLESTIA, acompañados desta vez de ZENZAR, que esta a celebrar o seu 20 aniversario e estreando novo traballo “A Tribu”.

Cabe destacar tamén a gran implicacións dos artistas participantes, tanto pola disposición de Zenzar para participar no proxecto, como por parte dos grupos locais, que aprecian moito o gran esforzó tanto por parte da Concellería de Cultura, como pola banda da Asociación Troula Na Banda e Elite Musical.


Skakeo no EmerxeBueu-Troula na Banda 2009

Temos que lanzar un dardo a favor do Concello de Bueu por contar coas bandas locais e darlle a oportunidade a eles e ó público de disfrutar da sua música en un festival de valde. O Morrazo sempre foi terra de músicos o que provoca que a xuventude e os artistas estén moi vinculados con este tipo de creacións artísticas, o final raro é quen non teña un colega vinculado á organización dun festival ou a un grupo, deste xeito se entende que estas iniciativas sempre teñan “éxito”, a pesar de que económicamente supoñan un gran desembolso e esforzó por parte de todos.



A organización da Concellería de Cultura se lle engade o traballo na producción do evento e na sua difusión da Asociación Troula Na Banda, que xa leva 8 anos traballando en proxectos similares.

Elite Musical será o encargado de entregarlle os grupos participantes un cheque regalo dunhas horas de grabación nos seus prestixiosos estudos, deste xeito lógrase en maior medida un dos grandes obxectivos do festival, axudar a evolución e darle máis oportunidades os artistas da localidade a continuar mellornado día a día, e que poidan chegar a levar o nome da vila e do programa por moitos lugares.




 
Jueves, 29 Octubre, 2009   Versión imprimible

EmerxeBueu - SanMartiño | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
--Asociacion Troula na Banda. Bueu (Pontevedra)-- Equipo Técnico TroulaIT: Dani-L+++ Areler+++ DaStrada+++ DiegodeBueu+++Bertinha+++Ainara Flores
Contacto: troulanabanda@gmail.com
Theme creado por dev-postnuke.com