Inicio                A Asociación        Festival TNB2010        

 
Menú
 

Novas

 

Colaboran

 
TroulaTV
Loading...
 
Theme creado por dev-postnuke.com
  TNB2010: Acampada  
Ecoloxia


Boas Campista:

Gustaríame que adiques dous minutos a ler estas liñas e nos axudes a cumprir unhas normas que axudarán a engadir seguridade e tranquilidade a todos, así como que o ano que ven teñamos a 10º edición do festival.

Tamén precisamos da túa axuda para manter un festival que non cobra entrada e con camping. Isto non é doado de conseguir é un auténtico luxo, tendo en conta que todo o organiza unha Asociación sen ánimo de lucro, nun pobo como Bueu, no que comerciantes e veciños vólcanse contigo para darche a mellor acollida posible.

Por todo isto a Asociación Troula Na Banda quéreche pedir:

Coida do entorno: Tanto na Zona de Acampada, coma na praia, é esencial que se recolla o lixo e se leve ó contenedor máis cercano. Se es fumador, lembra que as colillas do tabaco son moi perxudiciais. Bota sempre os restos dos cigarros nun borralleiro (recoller colillas unha por unha no chan non é nada doado).

Non se pode facer lume: Nin na zona de acampada nin na praia.

As mascotas non están permitidas: Nin na zona de acampada nin no recinto do Festival por motivos de seguridade.

A acampada é para durmir non para facer festa: Tanto os veciños como os propios campistas teñen dereito o descanso. Molesta o menos posible a quen descansa. O respeto e o silencio son esenciais.

Prazas limitadas: As prazas do camping se limitan a zona señalada, prohibíndose acampar fora desta.

Duchas e baños: Instalaremos duchas e baños, e entre todos debemos tratar con cariño o material, lembrando á vez que a auga é un ben escaso.

Colabora co festival: Gran parte do orzamento do Festival proven dos artigos e servicios que se poden adquirir no evento. Mercar unha camisola e consumir na barra do Festival tamén fai o Festival posible. Sobran días para facer botellón, se che gusta poder ir a un evento gratuito, podes axudar directamente nas barras. Non está permitido vender comida nin bebida no recinto do Festival nin na zona de Acampada.

Horarios e datas: O camping abrirá as suas portas o venres pola mañan, e terá que quedar valeriro e o máis limpo posible o domingo pola tarde.

Moitas grazas pola túa colaboración.
Se tes calquera dúbida non dubides en contactar connosco.




 
Martes, 11 Mayo, 2010   Versión imprimible

Acampada | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
--Asociacion Troula na Banda. Bueu (Pontevedra)-- Equipo Técnico TroulaIT: Dani-L+++ Areler+++ DaStrada+++ DiegodeBueu+++Bertinha+++Ainara Flores
Contacto: troulanabanda@gmail.com
Theme creado por dev-postnuke.com