Inicio                A Asociación        Festival TNB2010        

 
Menú
 

Novas

 

Colaboran

 
TroulaTV
Loading...
 
Theme creado por dev-postnuke.com
  TNB2010: Como Chegar  
Festival TNBAinda que o Google Maps, internet e os gps, son boas ferramentas para non perderse e atopar o camiño dende calqueira lugar do mundo ata Bueu, aquí tendes algunhas indicacións que vos poden ser útiles para chegar ó TROULA NA BANDA

Dende as grandes ciudades galegas:

Dende PONTEVEDRA: 20 kilómetros de recorrido, que ben podes facer en coche ou en autobús dende a estación de autobuses (cunha frecuencia dunha hora máis ou menos). O camiño é sinxelo, a través da autovía que conecta Pontevedra con Marín e despois continuando pola PO 551, prácticamente en liña recta pasando por Seixo, ainda que vai amodo, xa que a estrada ten algunha curva.

Dende VIGO: 25 kilómetros de nada. Xa veñas dende o aeroporto ou da propia cidade a tua finalidade debe ser seguir as indicacións cara a AP 9 dirección Pontevedra, nada máis superar a ría e a Ponte de Rande (disfrutando das vistas coas Illas Cíes de fondo), colle a saida cara Moaña, Cangas e Bueu, a onde chegarás a través do Corredor do Morrazo (ainda que non debes correr). A saida de Bueu penso que é a quinta, pero non te preocupes, está moi ben indicado.
Outra posibilidade é coller o barco de pasaxe que comunica Vigo e Cangas, e dende o mesmo embarcadoiro saen os autobuses que comunican con boa frecuencia Cangas e Bueu.

Dende A CORUÑA ou SANTIAGO: 150 Km ou 70 km respectivamente que ven merecen a pena facelos por autopista, xa que compensa pagar o peaxe e viaxar un tanto máis rápido e tranquilo. A autopista é a AP 9, tendo que sair dela en Pontevedra, onde xa vos indicará Marín. Unha vez chegado a Marín, seguide as indicacións que atoparedes en “dende PONTEVEDRA”.

Dende OURENSE: 120 Km, ainda que ben levaderios e sinxelos. A A-52 vos levará cara Vigo, pasando xusto o carón do aeroporto e dirección Pontevedra, dende o cal tan so tendes que seguir as indicacións de “dende VIGO”. Se os de Coruña fan 150 Km ¿porqué nos vas vir dende Ourense?




 
Lunes, 24 Mayo, 2010   Versión imprimible

Como Chegar | Entrar/Crear una cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de sus respectivos autores.
No somos responsables de su contenido.
--Asociacion Troula na Banda. Bueu (Pontevedra)-- Equipo Técnico TroulaIT: Dani-L+++ Areler+++ DaStrada+++ DiegodeBueu+++Bertinha+++Ainara Flores
Contacto: troulanabanda@gmail.com
Theme creado por dev-postnuke.com